1. |
Lance (Grampoder)
02:12
|
|||
Mentres todo nos foi ben / escalamos as montañas / máis terribles e escarpadas e tamén / nos colamos nas súas festas / e as súas saias de satén / E deitados no autobús / compartimos a promesa / de ser todos para un / co ingrediente sorpresa / a circulación máis densa / Pobre Lance / rodeado polos lobos / sepultado nos cascallos / das mentiras e a memoria selectiva / Pobre Lance / rodeado de lobos
|
||||
2. |
Botín (Caxade)
03:22
|
|||
Tenho un monstro à minha espera no fondo do corredor / um fantasma do futuro alá por onde eu vou / Di que o meu é seu que todo é del nom tenho próprio / Busca o seu botín el é Botín vem junto a mim / Eu quero que se vaia já / Banqueiro, vaqueiro
|
||||
3. |
||||
Non quero un bico, mellor dáme dous / e na pizza bota máis mozzarella / nos días de maior depresión / fago zapping na sobremesa / ela é o gasoil das petroleiras / Se che pregunto polos raios do sol / responderasme sempre con evasivas / sáeme por fóra a carne do corazón / balas de prata que despois xa non brillan / por min non choras Arxentina / Himnos de estadio / para celebrar o amor / descamisados / de la mano de Dios / tomar este éxtase lévame moito máis preto de vos / En Babilonia hai un xardín / onde os bistés crecen nas flores / bragas vermellas para un país / como será tocar un pobre / Non me preguntes por que é / a mánager da miña vida
|
||||
4. |
||||
Setenta anos / mirada triste / porte senlleiro / de noite esposado entrando en Teixeiro / memoria histórica do pobo galego / Pobre Mangouras / as augas viraron mouras / Capitán grego, cabeza de turco / nun barco de merda / nun país corrupto / Apóstolos / Fuches loitare / contra os elementos en alta mare / pero na Galiza os elementos / viven en terra / tan contentosshhhhh / Era de Icaria e non quería voar / o seu soño era navegar / non teñas medo, non che vai facer mal / Mangouras vaite arrolar
|
||||
5. |
Saint-Just (Das Kapital)
04:54
|
|||
O tempo do lobo / revólvese contra nós / contra o duro inverno / do noso descontento / contra o testemuño do coitelo / Abrimos ese lugar / polo que transitan pantasmas / Deixamos pasar unha rabia fría / destituímos / a lingua de madeira / Somos apenas sombras / nun bosque grande / e escuro / Somos no tempo do lobo
|
||||
6. |
||||
Os cans sodes todos vós / Os cans sodes todos vós / Ningún de vos sente o medo do pobre animal / obsesionados coa puta carreira espacial / O Sputnik 2 despega entre aplausos e apertas de man / homes brindando polo soño que cumpre o seu can / Laika agoniza en pradeiras de lixo espacial / sabe de sobra que no espazo ninguén a oe ladrar / Os restos de Laika atravesan un campo antimaterial / e deles nacemos canciños con poderes mentais / A vinganza medrou á par que nós, non teremos piedade / Aprendendo os mellores trucos para acabar coa humanidade / Cheiramos o terror, seremos o peor inimigo dos homes / A sagrada misión da vosa destrución será a proba do noso amor por Laika
|
Discos da Máquina Santiago De Compostela, Spain
DdM non é un selo musical. Non é unha empresa nin un chiringuito. Tampouco é unha ONG. É outra cousa. Unha asociación non profesional de grupos musicais independentes aos que lles consta que catro ollos ven mellor que dous e que para poderen seguir facendo o traballo creativo con independencia é preciso asociarse para que o outro traballo, o de xestión, o chungo, se faga máis soportábel. ... more
Streaming and Download help
If you like Monstros da Máquina Vol. 1, you may also like:
Bandcamp Daily your guide to the world of Bandcamp